Recomendacións para o vran 2017

Recomendación para o vran 2017

Boas vacacións !!

Advertisements
Publicado en Animación á lectura, Guías de lectura | Etiquetado | Deixar un comentario

Día das Letras Galegas 2017. Carlos Casares

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado á Carlos Casares.

11conferencia_carloscasaresfb

Aquí tedes enlaces a recursos sobre a súa vida e algunhas das súas obras, por exemplo a biografía da páxina da Real Academia Galega,

ou unha LIÑA DO TEMPO sobre a súa vida elaborado pola biblioteca do IES San Paio de Tui.

Na nosa biblioteca contamos con algunhas das súas obras, que podedes consultar; poden servir de inspiración para a nosa proposta de elaborar un cartel para conmemorar este día.

Aquí podedes ver os primeiros

Publicado en Efemérides | Etiquetado , | Deixar un comentario

Rosalía de Castro´s mannequin

Este é un dos mannequin feitos no Instituto este ano:

 

Neste enlace da páxina do instituto podedes ver os demais vídeos en homenaxe a Rosalía de Castro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessalvaterramino/node/1330

 

Publicado en Efemérides, Uncategorized | Etiquetado , , | Deixar un comentario

O Día da Poesía 2017

Así foi como celebramos este día:

De novo o Komando poético deu a sorpresa, deixándonos a todos encantados co seu ataque poético…

O club de lectura de 1º ESO “Os desbrozalibros” recitou as súas poesías na biblioteca, fixéronas despois de compartir o libro Contos e poemas para un mes calquera de Sierra i Fabra.

Aquí tedes algunhas fotos:

Grazas a todos por participar.

 

 

Publicado en Efemérides, Poesia | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Día do Libro 2017

diadolibro_texto_3     Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar.

Na nosa biblioteca celébraremos o Día do Libro coa nosa    IX Feira do Troco,

FEIRA_DO_TROCO_pantalla2l_2017

Como participar na FEIRA DO TROCO? Nos  recreos do 24 e 25 de abril.
É moi sinxelo! Busca libros que tes na casa en bo estado pero que xa non utilizas. Elixe 5 como máximo e achégate á Biblioteca, onde recibirás un vale por cada un deles. O día da feira ti mesmo elixirás tantos libros como vales teñas, poderás escoller entre todos os expostas na nosa feira de troco.

A data límite para traer libros é o 24 de abril pola mañan.

TAMÉN:

  • OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS DE PAPIROFLEXIA
  • EXPOSICIÓN DE MATERIAIS ELABORADOS POLO ALUMNADO
  • EXPOSICIÓN DE FONDOS DA BIBLIOTECA

BO DÍA DO LIBRO!

Publicado en Efemérides | Etiquetado , | Deixar un comentario

Día da muller traballadora 2017

Para celebrar o día da muller traballadora, este ano temos un par de propostas coas que podemos comprobar o pouco visibles que son as mulleres a pesar dos seus logros. A pregunta é: por que as deixamos de lado?

Este é un bo vídeo para meditar.

Anímate a participar no noso xogo de identificación de mulleres importantes; na entrada da sala de profesorado temos un panel con cuarenta imaxes de mulleres que por algún motivo foron ou son mulleres importantes, anímate a cubrir a ficha cos seus nomes e profesións…

Tes toda esta semana e para axudarte, ao lado das imaxes hai algunha pista para axudar a identificalas, algunhas son científicas, escritoras, cantantes, políticas, activistas….

Anímate e participa.

Publicado en Efemérides | Etiquetado | Deixar un comentario

Día da Paz 2017

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

O lema deste día é:

“Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor có egoísmo, a non-violencia é mellor cá violencia e a paz é mellor cá guerra”.

Este curso, para celebrar o Día da Paz, dende a biblioteca propoñemos:

1 Exposición de fondos relacionados coa Paz, situado na entrada da sala do profesorado.

2 Lecturas de poesía sobre a paz, na hora de ler do día 30.

Pode ler o alumnado ou o profesorado. Aquí tedes a escolma elaborada pola biblioteca.

3 Visionado de algúns fragmentos do documental Human de Yann Arthus-Bertrand.

O director do filme pasou tres anos recollendo historias da vida real de 2000 homes e mulleres de 60 países. Capturando temas moi persoais e profundos que nos unen a todos: a loita contra a pobreza, a guerra e a homofobia e o futuro do noso planeta, pero tamén con momentos de amor e felicidade.

O documental está en youtube e pode descargarse libremente.

Velaquí unha pequena escolma arredor de tres temas moi relacionados co Día da Paz: as guerras, a inmigración e a pobreza e para rematar un pouco de esperanza.

  1. Sobre a guerra: Falan un palestino e un soldado americano en Irak.

Palestinos e hebreos (4:46 minutos)

https://www.youtube.com/watch?v=cvhHGLVeIdY

Fala un soldado americano en Afganistán. Recordar o que nos fai humanos, incluso na guerra (1:40 minutos)

https://www.youtube.com/watch?v=0kMLsCzwVNA

  1. En segundo lugar o tema da inmigración: miles de persoas arriscan as súas vidas escapando da guerra, a pobreza ou simplemente buscando unha vida mellor. Fala un refuxiado afgano, unha médica nun centro de inmigrantes.  Ao cabo, todos somos migrantes.

Refuxiado afgano despois de recorrer varios países de acollida (1:00 minuto)

https://youtu.be/np2TObjtGRw?list=PLMtm4lZpPKvrec86onKqdOU-WHmBq6Oks

Médico nun centro de inmigrantes (4:56 minutos)

https://www.youtube.com/watch?v=yuVh9Zx_hEk

Fala un inmigrante centroafricano en España (4:47 minutos)

Fala José, un colaborador español en Marruecos (6:00 minutos)

  1. En terceiro lugar o tema da pobreza para que non esquezamos que non haberá Paz mentres haxa desigualdades ou mentres miles de persoas pasen fame. Fala unha modelo brasileira.

Fala Isadora a modelo brasileira (3:34 minutos)

https://www.youtube.com/watch?v=0oAEqt6udH0

Fala un agricultor. Acabouse todo (1:22 minutos)

https://www.youtube.com/watch?v=rAs_Z8NEbrc

  1. E por último, a cuarta selección recolle un testemuño da segunda Guerra Mundial e os campos de concentración. Incluso nas situacións máis dificiles o ser humano pode saír adiante.

Fala Francine da súa experiencia nun campo de concentración (4:30 minutos)

https://www.youtube.com/watch?v=Xg7iKaj9zMQ

Unha nena salvada do gueto (1:34 minutos)

https://www.youtube.com/watch?v=F4wLRWDkKl4

 

Para finalizar, aquí podedes ver o tráiler oficial deste documental.

Save

Save

Save

Save

Publicado en Efemérides | Etiquetado , | Deixar un comentario

Lendo a Agustín Fernández Paz

No mes de outubro de 2016, durante a semana das bibliotecas escolares quixemos homenaxear ao finado escritor Agustín Fernández Paz. O noso PARLADOIRO pasa a coñecerse a partín de agora co seu nome. Un grupo de alumnas e alumnos prepararon xunto co profesorado, varias lecturas en alto durante os tempos de lecer.

Aquí tedes unha pequena presentación con imaxenes.

Parladoiro A Fdez from Biblioteca Ies Salvaterra on Vimeo.

Moitas grazas a todolos participantes, tanto lectores como asistentes.

Os grupos de lectores e lectoras foron :

1º Bacharelato (xoves):

  • Sara Domínguez Rodríguez
  • Elisa Moldes Fernández
  • Gabriel González Sobrino
  • Juan Barguiela Souto
  • Julia cruces Rocha

2º ESO Club de lectura (mércores)

  • Acuña Piñeiro, Carla
  • Añon Rodríguez, Anxo
  • Carrera González, María
  • Conejo Seves, Rosalía
  • Ocampo Méndez, Zaira
  • Álvarez Nuñez, Daniel
  • Lorenzo fernández, Carmén

2º ESO Club de lectura (venres)

  • Pazo Castro, Francisco
  • Rodríguez García, Lucia
  • Rodríguez Rodríguez, Carla
  • Cabaleiro Boa, Óscar
  • Casales Casal, Raquel
  • Estévez Rodríguez, Rebeca
  • Fernández Sánchez, Iria
  • González Barbosa, Andrea
  • Lago Porto, Alba Teng
  • Ojea Montero, Sara
  • Piñeiro Nogueira, Breogán
  • Rodríguez Veiga, Laura
  • Vicente Pousada, Lucía
Publicado en Animación á lectura, Exposición | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Recomendacións de lectura de Nadal

Aquí tedes algunhas recomendacións para estas vacacións de Nadal, con un pouco de todo pero especialmente adicado á Agustín Fernández Paz.

Publicado en Animación á lectura, Guías de lectura, Uncategorized | Etiquetado , | Deixar un comentario

O furancho de Ibuprofeno teatro

O día 11 de novembro asistimos á representación da obra de teatro O Furancho, escrita por Santiago Cortegoso e interpretada por Marián Bañobre e Isabel Risco.

A representación foi no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Cartel O furancho

Cartel O furancho

Ibuprofeno teatro é a compañia responsable desta creación, podedes visitar o seu blogue con tódalas novidades da compañía.

16-17_teatro_o_furancho-39

Despois de gozar e moito coas divertidas furancheiras, e o sufrido voluntario… tivemos tempo para un pequeno coloquio, no que Isabel, Marián e Santiago responderon ás nosas pregunas e engadiron unha visión interesante da obra e da situación do teatro e da sociedade.

Aquí tedes un resumo dos seus comentarios.

Moitas grazas a todos.

Pronto engadiremos unha presentación coas fotos e momentos máis interesantes…

Save

Save

Save

Save

Publicado en Teatro | Etiquetado , | Deixar un comentario